Tuesday 14 de May de 2024

Oleiros en forma, deporte organizado para persoas adultas


Para facilitar o acceso á práctica regular de actividade física organizada de persoas adultas, o Concello oferta diversas actividades a través do programa Oleiros en forma. Principalmente están dirixidas a persoas con dores de costas ou cervicais, enfermidades reumáticas, con sobrepeso, algunha lesión deportiva ou que simplemente son sedentarias e queren comezar a realizar exercicio.

As persoas interesadas en informarse e participar en Oleiros en forma poden dirixirse á Fábrica, a calquera dos complexos deportivos municipais, ao teléfono 981610000 ou ao correo deportes@oleiros.org.